publicidade hoxe

O Progede Fiact Seguros gaña a fase viguesa das series nacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

Máis de 70 equipos participaron na fase zonal sur de Galicia das Series Nacionais de pádel, a competición máis importante desta modalidade deportiva en España. As instalacións do Círculo Mercantil de Vigo foron as que acolleron o maior número de encontros, aínda que tamén se tiveron que habilitar outras pistas debido á o gran numero de partidos que se celebraron.

O equipo feminino do Progede Fiatc Seguros logrou a vitoria por terceiro ano consecutivo na categoría Gran Slam, polo que o conquista en propiedade. Os seus compoñentes demostraron unha gran regularidade en toda a competición. O segundo posto nesta categoría foi para o Club de Campo de Vigo.

Na masculina, o campión foi a Arenga Padelmanía de Vigo. A Arenga Pádel Stop e o De Impresión foron os que que gañaron na categoría 1.000. O Club de Campo e a Academia Mais que auga foron os finalistas. Na categoría de 500 impuxéronse O Taboleiro e o Indoorpádel, mentres na future impúxose o Rec Pádel.

No torneo destacou o o Arenta Pádel Stop, que logrou colocar a tres dos seus equipos nos cadros principais e impúxose nas categorías máis importantes, o gran slam e 1.000. Tamén o Club de Campo tivo un gran protagonismo, con varias das súas formacións nos primeiros lugares.

As Series Nacionais de pádel constitúen a competición máis importante que existe en España. En Galicia estaban inscritos 1.800 deportistas. Máis de 35.000 participan en todo o país.

1 de febreiro de 2017 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.