publicidade hoxe

O prazo para participar na excursión do Centro Agrario a Ourense remata o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro luns será o último día para inscribirse na excursión a varias localidades ourensanas organizada polo Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda e que terá lugar o vindeiro mércores día 8.

A producción de aceite de oliva e a transformación de residuos agrícolas en enerxía serán os protagonistas desta xornada que continúa dando a coñecer aos veciños e veciñas de Silleda distintas experiencias no ámbito do sector primario. A excursión, en autobús, é gratuita e só hai que abonar o xantar (15 euros).

Visitarase en San Cibrao das Viñas unha prantación de olivos e a fábrica de aceites Abril. A continuación a expedición trasladarase en Santa Cruz de Arrabaldo a planta de cooxeneración de Coren, cunha das tecnoloxías máis avanzadas de España. Nesta planta de biomasa gandeira xerase, cos residuos das explotacións avícolas, suministro enerxético capaz de cubrir as necesidades de milleiros de vivendas

 A saída será ás 10:00 horas, diante do Concello. Para participar é preciso anotarse no Concello ou chamando ao 986 580000.

 “Con esta iniciativa queremos que os nosos veciños e veciñas coñezan de primeira man iniciativas que poidan resultar de interese”, indica o concelleiro de Medio Rural, Jesús Taboada, indicando que xa hai veciños do municipio interesados en plantar olivos, recordando as saídas realizadas xa a Chantada para coñecer a producción de sidra, ou a que tivo lugar a Xenética Fontao e á plantación de castaños.

Completará a programación do Centro Agrario silledense unha nova xornada formativa, que se celebrará o venres día 10 na Casa da Cultura de Silleda. Está será a cuarta iniciativa deste tipo e terá como protagonista a comercialización de produtos agrarios. A sesión, aberta a todo o público interesados, comeza ás 16:00 horas 

2 de febreiro de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.