publicidade hoxe

O Pescados Rubén despídese da Copa Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Pescados Rubén Burela FS despediuse onte da XXVI Copa Galicia no último chanzo cara á final, fronte a un Ourense Envialia que despregou un gran ritmo (6-0). O primeiro finalista coñecerá o seu rival hoxe, que se decidirá na outra semifinal, entre Poio Pescamar FS e o Cidade das Burgas, no pavillón da Seca a partir das 20.15 horas. “Arrastramos a carencia e dificultade de toda a tempada, o gol, pero medímonos ante un Ourense moi intenso en defensa, que amosou máis ritmo ca nós dende o principio”, explicaba o técnico laranxa, Iván Cao, Lucas.

“Empezamos con certa rixidez e o Ourense adiantouse con 2-0 en dous erros defensivos nosos, o que lles deu certa comodidade. Intentamos asumir máis o peso do partido. Con catro minutos para o descanso, puidemos mover ben o balón con porteira-xogadora pero non conseguimos xerar ocasións claras” reflexionaba así o Lucas sobre a primeira parte de onte nos Remedios, con dobre diana de Lucía nos minutos 2 e 4.

O cadro mariñán mantívose na aposta de xogo de cinco tras o descanso, pero esa lotería deulle as costas e encaixou outros tres tantos, de Sara nos minutos 24 e 27, e de Chiqui, no 28. A partir da medianía do segundo acto, o conxunto burelista dedicouse máis a “dosificar os minutos das xogadoras, pensando na competición regular”, con rotacións de todas as xogadoras. O definitivo 6-0 subiu ao electrónico no minuto 31, con hattrick de Sara.

Comezo da segunda volta. As pupilas de Lucas e Julio Delgado volven á competición ligueira despois do descanso polo Campionato de Seleccións Autonómicas; arrancarán a segunda volta completando a semana irmandiña, de dobre visita aos Remedios. Mediranse ao Cidade das Burgas o sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 horas, con emisión en directo de TVG2.

Ficha técnica

Ourense Envialia FS: Vane, Beatriz, Marta, Spi, Lucía, cinco inicial; también jugaron Chiqui, Sara Moreno, Antía, Ro

Pescados Rubén Burela FS: Jozy, Dany, Bea Mateos, Cilene, Sofía, cinco inicial; también jugaron Shiori, Lara, Judith, Elvira, Silvia

Goles: 1-0, minuto 2, Lucía; 2-0, minuto 4, Lucía; 3-0, minuto 24, Sara; 4-0, minuto 27, Sara; 5-0, minuto 28, Chiqui; 6-0, minuto 31, Sara

1 de febreiro de 2017 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.