publicidade hoxe

O Grove aproba as bases dos concursos de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove ven de aprobar as bases que rexerán os distintos concursos que se van celebrar durante o Entroido. Deste xeito a partires de mañá e ata o 21 de febreiro as comparsas interesadas en participar no Festival do sábado de entroido deberán inscribirse no rexistro municipal. Nesta competición mantéñense as contías dos premios ao igual que no concurso de disfraces que se celebrará o martes 28 de febreiro e que percorrerá o “sambódromo” meco. As bases deste concurso levan unha serie de indicacións de importancia no relativo á seguridade e ás normas que deben cumprir as carrozas participantes.

Ademáis das bases destes dous concursos, tamén se aprobaron as relativas ao concurso de “choradeiras” que acompañarán ao enterro da sardiña o venres de Entroido. O grupo máis numeroso que tome parte do velorio recibirá un premio de 100 euros. Estes concursos son parte das actividades do programa de Entroido que se dará a coñecer por completo no vindeiros días.

6 de febreiro de 2017 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.