publicidade hoxe

O Festival de Comparsas eleva a compensación económica para agrupacións locais a 450 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello xa puxo en marcha a maquinaria para a celebración do Entroido 2017. A Xunta Local de Goberno aprobou esta mañá as bases do Festival de Comparsas que se celebra o Domingo de Entroido e no que poderán participar un máximo de 10 agrupacións. Como novidade, este ano elévase a 450 a compensación económica para as agrupacións locais e as letras das coplas a interpretar deben ser en galego. As inscricións deben realizarse do 8 ao 10 de febreiro no Auditorio.

Dende hai moitos anos, o Certame de Comparsas do entorno non ten carácter competitivo en Vilagarcía. A Concellería concede unha compensación económica ás 10 comparsas que participen no certame. A suma destas axudas será de 450 euros para as agrupacións do termo municipal e de 300 para as de municipios veciños.

As comparsas que desexen participar no festival de Vilagarcía, que terá lugar o 26 de febreiro, deberán formalizar a súa inscrición no Auditorio Municipal, entre o 8 e o 10 de febreiro, ambos incluídos e en horario de 8:30 a 13:30 horas. De presentarse máis de 10 solicitudes de inscrición, a selección faranse de xeito que terán prioridade as de Vilagarcía e, de quedar vacantes, estas cubriranse por orde de inscrición.

Para poder participar, as comparsas deberán contar con 25 integrantes como mínimo e ofrecer unha actuación de entre 10 e 15 minutos. No momento da inscrición deberán presentar o listado cos nomes e DNI dos compoñen tes e copias das letras das cantigas que van a interpretar. Cada persoa inscrita só poderá participar en unha comparsa, polo cal deberán identificarse no momento da actuación. Este requisito inclúese a efectos de evitar situacións de duplicidade rexistradas en edicións anteriores nas que había grupos de persoas que concorrían baixo diferentes formacións.

As bases que regulan estes dous eventos están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal.

6 de febreiro de 2017 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.