publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O curso práctico de Apicultura do Centro Agrario de Silleda celebrarase en marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro mes de marzo comezará o Curso Práctico de Apicultura, organizado dende o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda como continuación do exitoso curso de iniciación que rematou o pasado día 4.

Para este curso práctico estableceránse dous grupos, con tres sesións para cada un deles. As datas de celebración serán os días 18,19, 25 e 26 de marzo e o 1 e 2 de abril. Dende o Centro de Desenvolvemento Agrario xa se enviou información a todos os alumnos e alumnas que participaron no ciclo de iniciación para que se anoten nas datas que mellor lles conveña. O prezo das sesión práticas é de 30 euros.

Con 28 alumnos e alumnas o curso de Apicultura é ata o de agora o de maior asistencia dos organizados dende o Centro de Desenvolvemento Agrario, e agora continúa con esta parte práctica que se pon en marcha a petición do propio alumnado.

“A apicultura foi dende sempre unha boa actividade complementaria das prácticas agrogandeiras”, sinala Jesús Taboada, concelleiro de Medio Rural, destacando o interese que despertou este ciclo formativo. 

21 de febreiro de 2017 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.