publicidade hoxe

O curso de Apicultura que se impartiu no Centro Agrario de Silleda continuará con outro ciclo práctico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Clausura do curso de apicultura

Clausura do curso de apicultura

A pasada fin de semana rematou en Silleda o Curso de Iniciación á Apicultura organizado dende o Centro de Desenvolvemento Agrario, todo un éxito que continuará nos vindeiros meses de primavera coa realización doutro ciclo práctico.

Así o solicitaron os alumnos e alumnas deste primeiro ciclo no remate do curso, ao que asistiu o alcalde, Manuel Cuiña. A partir do mes de abril celebraránse estas sesión prácticas, visto o interese dos participantes.

Cuiña agradeceu o seu interese aos participantes e destacou a oferta do Centro de Desenvolvemento Agrario, “dende o que continuaremos organizando todos aqueles ciclos que nos soliciten os interesados, como neste caso”, engade.

O Curso de Iniciación de Apicultura, con 28 participantes, é o de maior participación ata o de agora nos organizados dende o Centro Agrario de Silleda.

Excursión a Ourense

Por outra banda este mércores día 8 terá lugar unha nova excursión a varios puntos de Ourense organizada dende o Centro Agrario na que participarán preto de 40 persoas. Visitarase unha plantación de olivos e a fábrica de aceites Abril, en San Cibrao das Viñas, así coma a planta de cooxeración de Coren, para a xeración de biomasa a partir dos residuos de granxas avícolas.

O venres día 10 a programación continua cunhas xornadas informativas sobre comercialización de produtos agrarios, dirixidas ao público en xeral. A cita, na Casa da Cultura de Silleda ás 16:00 horas.

6 de febreiro de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.