publicidade hoxe

O Consello Municipal de Deportes de Ourense dálle servizo a 13.147 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Máis de 13.000 veciños da cidade utilizaron os servizos e equipamentos deportivos municipais ao longo do ano 2016. Son en total, 7.247 deportistas de 57 clubs e 5.900 persoas abonadas ao Pavillón. Estas cifras reflicten unha penetración social dos servizos municipais dun 12,40%, que resulta superior ao promedio de España (10,20%). As horas de uso ascenderon a 32.940 anuais, das que o 36,98% se realizaron no Pavillón dos Remedios. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou estes datos na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que se deu conta do informe sobre os servizos prestados nos equipamentos deportivos municipais ao longo de 2016.

As enquisas realizadas aos usuarios poñen de manifesto unha alta valoración dos servizos prestados (o 75% das persoas responderon que foron do seu agrado) e tamén de fidelización, xa que o 75% dos usuarios superan os dous anos de estadía.

O Consello Municipal dá servizo aos abonados durante 503 horas semanais, incluíndo aperturas dos vasos, spa, cursiños de natación para nenos e adutos, sala de musculación e actividades dirixidas. 

A instalación máis usada neste recinto é a piscina de 50 metros, con 3.998,50 horas por ano, incluídas as competicións, seguida do Anexo, recentemente reformado, con 2.836. 475 nenos e adultos realizaron cursos de actividades acuáticas de iniciación ou perfeccionamento. 

O Consello Municipal tamén concedeu axudas a 66 deportistas individuais, a 78 clubs deportivos de distintas disciplinas e destinou 100.000 euros a apoio a eventos e manifestacións deportivas. O reto actual _subliñou o alcalde_ é mellorar as instalacións existentes a e fomentar a ampliación do tecido asociativo para chegar a máis veciños 

Xunta de Goberno Local

Na Xunta de Goberno Local desta mañá tratáronse 29 asuntos achegados polas diferentes concellerías e servizos municipais. Foron 7 sentenzas, entre elas: 

– Dúas novas resolucións favorables ao Concello que desestiman reclamacións de responsabilidade patrimonial pola anulación do Plan de Urbanismo de 2003 (en Vista Hermosa – Seminario e na estrada da Granxa),

– unha sentenza do Tribunal Supremo que desestima o recurso presentado polas comunidades de veciños dos edificios 2B-2C da rúa do Bierzo, e confirma a sentenza do TSXG que anulara o estudio de detalle desta zona da cidade.

– Un auto do Xulgado Contencioso que autoriza o prazo de 9 meses solicitado polo Concello para executar a sentenza que ordena executar obras de saneamento en O Burgo, Palmés. Este prazo permitirá ao Concello acometer un proxecto máis completo que dé servizo a unha poboación máis ampla nesta localidade.

Na área de Licenzas, se aprobaron os estatutos e bases de actuación para a xestión urbanística do polígono único do sector de solo urbanizable nº20 “Fonsillón-A Farixa”. 

E por parte da Concellería de Facenda, aprobouse o inicio da contribución especial para a ampliación do servizo público de extinción de incendios.

Unespa é unha asociación de aseguradoras que asigna anualmente, para os servizos de emerxencia das cidades con máis de 25.000 habitantes, unha cantidade de cartos específica resultado dunha achega solidaria que sae de todas as pólizas aseguradoras. Mais no Concello non existía ata agora ningunha norma ou ordenanza que regulase esta axuda. A carencia supérase co acordo desta mañá, que aproba a figura da “contribución especial” para poder dispoñer deses fondos de xeito directo.

En materia de Cultura, a Xunta Local aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Conservatorio Profesional de Música, para a realización do III Concurso de Clarinete Cidade de Ourense. Supón un custe de 4.000 euros para esta organización conxunta

16 de febreiro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.