publicidade hoxe

O conselleiro de Política Social reúnese coa alcaldesa de Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOímbra
A-
A+
Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Oímbra

Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Oímbra

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo coa alcaldesa de Oímbra (Ourense), Ana María Villarino Pardo. Este encontro enmárcase na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar o benestar dos veciños e veciñas da localidade.

Alcaldesa e conselleiro debateron sobre medidas para incrementar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Deste xeito, Rey Varela ofreceu a colaboración do departamento autonómico para impulsar a mellora da accesibilidade na localidade. Así mesmo, repasaron as accións que se están a levar a cabo na localidade por parte da Xunta de Galicia. Cómpre destacar o incremento por parte da administración autonómica de 241 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.417 horas ao mes do que se benefician 44 veciños e veciñas, situándose a ratio de atención no 96,6%. Rey Varela aludiu tamén ás obras de mellora realizadas no centro de día de Oímbra grazas o Plan déficit e que ascenderon a 14.368 euros. Así mesmo, a escola infantil tamén foi obxecto de mellora o ano pasado, no marco do Plan de Investimentos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e grazas ao cal se instalou unha pérgola no patio exterior e se repararon os desperfectos producidos por unha inundación. Estes traballos tiveron unha inversión por parte da Xunta de Galicia de case 5.000 euros.

8 de febreiro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.