publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Vilagarcía solicita catro bolseiros a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía segue sumándose a todas as iniciativas existentes para fomentar a creación de emprego. Neste caso, a Xunta de Goberno Local acordou adherirse ao Plan de Práctica Laboral da Deputación 2017 e solicitar a concesión catro bolseiros titulados para prestar servizos na administración local á vez que adquiren experiencia profesional para mellorar as súas condicións de empregabilidade. A solicitude debe ser aprobada polo organismo provincial.

As titulacións que demanda o Concello para estes catro bolseiros son Diplomaturas ou Graos en Maxisterio (Educación Primaria), Traballo Social, Licenciatura en INEF e Ciclo Superior de Sistemas Informáticos en Rede.

Segundo a convocatoria do plan provincial, os bolseiros traballarán no Concello cun contrato de prácticas durante 6 meses, prorrogables outros seis, cobrando salarios de entre 700 en 800 euros ao mes.

Este programa deseñado pola Deputación está destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes. En 2017 ofértanse 162 bolsas de práctica laboral co obxecto de que persoas tituladas universitarias e de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa formación, poidan completar esa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado de traballo. Ademais, estas contratacións permitirán aos municipios dispor de persoal adicional durante uns meses para axudar nos servizos ou departamentos onde máis se precise.

8 de febreiro de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.