publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía solicita a zona 30 para a avenida Juan Carlos I

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A demarcación de Carreteras del Estado denegou a solicitude de elevación do paso de peóns da avenida Juan Carlos I á altura do cruce coa Rúa Marxión. A medida demandouse tras varios atropelos rexistrados neste punto. Ante a negativa do Estado, a Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte solicitar como alternativa a implantación da zona 30 neste tramo de vía.

A demarcación de Carreteras argumenta a negativa a elevar o paso de peóns en que non se cumpren os requisitos establecidos nas Instruccións Técnicas para a Instalacións de Redutores de Velocidade, porque a avenida Juan Carlos I conta cunha IMD (intensidade media diaria) superior aos aos 5.000 vehículos.

Pese á decisión estatal, o Concello insiste na necesidade de tomar medidas que eleven a seguridade dos peóns neste punto, advertindo que se trata dunha vía urbana densamente poboada e transitada e dun paso que da acceso a tres centros educativos (Centro Educación Especial, Anexo A Lomba e IES castro Alobre). Por iso o goberno volve a dirixirse á demarcación de Carreteras para que, conforme se recomenda no informe da Policía Local, se estableza como medida alternativa a implantacio´n do límite de velocidade de 30 quilómetros por hora nesta avenida.

Por outro lado, responsables da demarcación de Carreteras do estado en Galicia comunicaron ao Concello que xa comezaron os traballos tendentes á reapertura do acceso ao vial do Porto que comunica Rubiáns con Baión. A vía sufriu hai meses o desprendemento dunha gran rocha do talude e, ante o riscos de novos desprendementos, o Concello primeiro e logo o Fomento –titular da vía- decidiron pechalo ao tráfico ata garantir a completa seguridade das paredes. Tras a realización dos estudos pertinentes, Carreteras comunicou esta semana o inicio dos traballos.

7 de febreiro de 2017 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.