publicidade hoxe

O Concello de Vigo comeza a remodelación da bancada de Río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O alcalde rubricou este martes o contrato de reforma integral da bancada de Río do estadio de Balaídos, toda vez que o Tribunal de Recursos Contractuais rexeitou o recurso que tiña suspendida a obra. Logo de Tribuna, o goberno de Vigo continúa con Río a remodelación integral do recinto.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este martes o contrato de remodelación da bancada de Río, no Estadio municipal de Balaídos, unha obra con 5,5 millóns de orzamento que con previsión de estar concluida para o inicio da próxima tempada 2017-2018, segundo avanzou o propio Caballero.

En rolda de prensa, o rexedor explicou que a reforma de Río dará continuidade á xa executada na bancada de Tribuna, cunha nova cuberta, peche envolvente para a fachada e actuacións de acondicionamento xeral para mellorar o confort e a seguridade dos usuarios. O proxecto contempla tamén melloras nos asentos, de accesibilidade e da rede separativa contigua á bancada de Río.

O alcalde recordou que a “gran reforma” do estadio municipal de Balaídos comezou a súa tramitación “hai case tres anos” e anotou que a remodelación de Río podería ter comezado en decembro, mes no que o goberno de Vigo adxudicou a obra. O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais paralizara cautelarmente o proceso ante a denuncia interposta entón pola Asociación en Defensa de Vigo, suspensión que quedou onte levantada ao inadmitir o Tribunal o nomeado recurso -con “contundencia absoluta”, valorou Caballero- argumentando “falta de lexitimación” e que “non denuncia ningún defecto ou irregularidade imputable ao acto de adxudicación ou ao procemento de contratación” das obras.

Abel Caballero asegurou que a denuncia desta Asociación pretendía “xerar problemas, paralizar, retrasar” a remodelación do estadio, que é “seguramente a reforma máis importante que ten ningún campo de fútbol de propiedade pública en toda Europa”, polo que agradeceu á presidenta da Deputación, Carmela Silva, administración que cofinancia a obra xunto ao Concello. “Nos birlou dous meses de obra”, denunciou o alcalde sobre o recurso, “e produxo serios inconvintes, un recurso que agora xa se ve que era pura política”.

7 de febreiro de 2017 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.