publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Dozón solicita a Cores Tourís que a Xunta reemprace o vehículo antiincendios do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozón
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo unha reunión esta mañá co alcalde de Dozón, Adolfo Campos, na que analizou a demanda deste concello para conseguir un vehículo antiincendios que substitúa o actual.

O delegado territorial asegurou que o antigo camión contra incendios de Dozón será utilizado para poder aproveitar as súas pezas, e, no seu lugar, o concello recibirá un dos vehículos de emerxencias con que contan os distritos de loita contra o lume da Xunta, que renovarán a súa flota este ano.

Deste xeito, o concello de Dozón manterá o actual convenio coa Consellería de Medio Rural para seguir a manter o servizo de emerxencias e control do lume nunha zona de gran importancia agroforestal. Ademais, “non podemos esquecer que ao ser un concello limítrofe, tamén da servizo a poboacións próximas da provincia de Ourense”.

Adolfo Campos proveitou a visita para trasladar tamén a necesidade do municipio dun camión para a recollida de lixo que substitúa ao actual, “que conta cunha antigüidade de case 30 anos e non se atopa en moi bo estado. Non podemos esquecer que estamos a falar dun concello con grande dispersión xeográfica o que implica que o vehículo teña un uso moi importante”.

22 de febreiro de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.