Nada máis doce que Rosalía en Silleda
Esta mañá alumnas de Sexto de Primaria do Colexio Plurilingüe María Inmaculada estiveron no Concello para facernos partícipes da fermosa iniciativa do seu Equipo de Normalización Lingüística con motivo do Día de Rosalía. Baixo o lema “Nada máis doce. Rosalía”, consiste no reparto de poemas en forma de caramelos. Estes “doces poemas” están tamén a disposición do público nas dependenicas municipais. Dende o Concello, o alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura Ana Luisa González eloxiaron esta fermosa iniciativa que vén a completar as actividades celebradas estes días en Silleda con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro