publicidade hoxe

Mellórase a accesibilidade á praia de Río Azor con 300 metros de beirarrúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da conclusión dunha nova actuación para mellorar a accesibilidade á praia de Río Azor en Palmeira. A obra consistu na dotación dun tramo de 300 metros de beirarrúas a esta vía.

A empresa encargada de realiza esta obra foi Río Sieira, S.L. Tivo un investimento de 36.364,79 euros, IVE incluído, e contou co cofinanciamento da Dirección Xeral de Turismo de Galicia, ao abeiro da Resolución de 19 de febreiro de 2016. 

O obxecto do proxecto técnico elaborado residiu en mellorar a seguridade viaria outorgando protagonismo ao tránsito peonil. Así e logo, reordenouse a zona de paso para peóns dotándoa dun tramo de beirarrúa a base de baldosa hidráulica con dimensións de 33×33 centímetros e bordillo prefabricado de formigón de 100x30x15 centímetros, acadando un ancho mínimo de 1,50 metros. Ademais, os sobreanchos foron pavimentados nas dúas marxes. 

Previo á construción da infraestrutura, realizáronse traballos de desmonte e aporte de material de recheo para alcanzar as rasantes axeitadas nas zonas indicadas.

7 de febreiro de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.