publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural cede diversas parcelas aos concellos da Estrada e Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaVila de Cruces
A-
A+
Entrega formal das parcelas

Entrega formal das parcelas

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, fixo entrega formal de varias parcelas aos municipios pontevedreses da Estrada e Vila de Cruces esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra. Trátase dunha serie de terreos que ata o de agora eran propiedade do Banco de Terras, pero que non tiñan utilidade agraria ou forestal, e que agora se ceden gratuitamente a estes concellos a través da nova Lei de Mobilidade.

Así, o concello da Estrada recibe unha parcela de 1.080 m2 e o de Vila de Cruces recibe dúas parcelas de 4.005 m2 e 6.180 m2, todas elas por interese social dos municipios.

16 de febreiro de 2017 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.