publicidade hoxe

Manos Unidas organiza un concerto solidario co Coro Cantabile para recadar fondos para un proxecto educativo en Zambia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Manos Unidas organizará este sábado 18 de febreiro un concerto solidario do Coro Cantabile. A función terá lugar ás 20.00 horas na Igrexa M. M. Capuchinas (Rúa Panadeiras) e con ela, recadaranse fondos para un proxecto educativo da ONGD en Monze (Zambia).

Monze é un dos distritos máis pobres de Zambia. Alí, o sistema educativo educativo de Zambia é precario. No 2001 fundouse a escola St.Vicent, que na actualidade imparte o sete cursos de primaria e preescolar a 280 nenos orfos. Con todo, o 80% dos alumnos que acaban o ciclo de primaria non teñen onde continuar cos estudos de secundaria.

O proxecto de Mans Unidas suporá a construción e equipamento dun bloque con dúas aulas máis para que os nenos poidan acceder aos dous primeiros cursos de educación secundaria. A achega local será dun 10%, e incluirá a subministración de auga, a electricidade e o equipamento do bloque. Os beneficiarios deste plan serán os 80 nenos que anualmente acaban o 7º curso na escola primaria.

Para Manos Unidas, o apoio á educación dos máis vulnerables supón tamén un investimento no futuro desenvolvemento da comunidade. Por esta razón, e coa premisa de recadar fondos para este proxecto, Manos Unidas, coa colaboración do Coro Cantabile, dará un concerto solidario este sábado ás 20.00 horas na Igrexa M. M. Capuchinas (rúa Panadeiras). 

16 de febreiro de 2017 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.