publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concello de Riveira e Cámara de Comercio de Santiago organizan unha charla sobre autoemprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira organiza, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, unha charla informativa sobre autoemprego: “Autoemprego: unha opción de futuro”.

Na mesma tratarase o tema da creación de empresas e darase a coñecer o Viveiro de Empresas do Concello de Riveira e o seu funcionamento.

Contidos:

- Situación de partida, por que emprender.

- Que é necesario para emprender.

- Características da persoa emprendedora.

- Ideas, rompendo paradigmas.

- Obxectivos e plans: fixando un rumbo.

- E se non sae ben?

- Como funciona un Viveiro. Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

Esta xornada, de 2 horas de duración terá lugar o día 8 de marzo de 2017, de 11 a 13 horas no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no teléfono: 981 87 14 97 (Viveiro de Empresas – Servizo de Orientación Laboral).

20 de febreiro de 2017 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.