publicidade hoxe

Comezan as obras de reparación da estrada OU-111 ao seu paso por Laza e Vilar de Barrio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLazaOurenseVilar de Barrio
A-
A+

Hoxe luns inícianse as obras de reparación da estrada OU-11 ao seu paso polos concellos ourensáns de Laza e Vilar de Barrio que está afectada polas obras do AVE. Estes traballos correrán a cargo de ADIF e contan cun orzamento de case 470.000 euros.

Esta estrada é o vial autonómico que da acceso a Prado e que se atopa bastante deteriorada por culpa do tráfico de vehículos pesados que están a traballar para executar as obras do AVE.

Nesta zona a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xa tivo que restrinxir o paso de vehículos de alto tonelaxe, porque a estrada, antes das obras, contaba cun un tráfico moi reducido, polo que o seu firme estaba adaptada a estas circunstancias e non a vehículos de alta tonelaxe.

Grazas as negociacións do Goberno galego con ADIF, acordouse que este organismo estatal se faga cargo destas actuacións. Unhas tarefas que se levarán pouco a pouco e Terán un prazo de execución dun ano, polo que se desenvolverán en varias fases.

As actuación consistirán en levar a cabo saneos, rasantear con zahorra e, unha vez que este material consolide, estenderase o tratamento superficial.

20 de febreiro de 2017 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.