publicidade hoxe

Cincuenta estudantes internacionais coñecen Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva,  participaron esta tarde na recepción ao alumnado internacional que está a cursar os seus estudos no campus lucense.

O encontro, denominado Welcome Day, reuniu a 50 estudantes procedentes de diferentes países de Europa e de América Latina, que se incorporaron durante este cuadrimestre ao Campus Terra da USC. Tras o acto na Casa do Saber, o estudantes foron conducidos ao Concello e logo á Deputación Provincial, onde puideron coñecer de primeira man as dependencias institucionais e a labor que desempeñan.

1 de febreiro de 2017 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.