publicidade hoxe

Chalana Royal Club volve a Playa Club este venres con Judah aos mandos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

A residencia mensual do Dj e Beatmaker Judah (Norweside), Chalana Royal Club, volve á Playa Club este fin de semana, cunha sesión na madrugada do venres ao sábado a cargo do propio Judah. A súa multitude de rexistros e a capacidade de desenvolver un son característico serviulle para facerse un oco na lista de produtores nacionais que cotizan á alza e que intercala cos seus Dj-sets desde o verán pasado no Playa Club con gran aceptación de público.
 
Judah comeza a producir e a picar entre o 2004 e o 2005, e desde aquel momento traballa cun gran número de MC’s e grupos da súa cidade para os cales produce, grava ou mestura, e aos que mesmo acompaña como Dj en directo. Dese caldo de nomes e ideas xorde o xerme de Norweside.
 
Nos últimos anos o traballo de Judah en solitario estivo centrado no espectro dos beats experimentais e a coñecida como “Bass Music”. Proba diso é o seu primeiro EP “King of Whut” ou algúns dos singles que se puideron escoitar no seu Soundcloud. Nos seus Dj-sets cabalga entre o rap mais clubero, as voces R&B, os últimos ritmos de UK ou a electrónica avanzada. 
 
Gravou numerosos podcasts para varias webs/blogs e poder ver picando en festivais como Sónar ou 981 Heritage e algúns recoñecidos clubs nacionais.

20 de febreiro de 2017 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.