publicidade hoxe

Catoira incentiva con 100 euros ás dez primeiras comparsas que participen no desfile de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira informa que está aberto o prazo de inscrición no concurso de comparsas para o desfile de Entroido que se celebra o domingo 26 de febreiro.

Para o concurso colectivo establécense as seguintes bases:

–  As comparsas deberán estar integradas por un mínimo de 15 persoas, representadas por unha persoa maior de idade. Deberán representar a idea central do seu disfrace na Festa de Disfraces que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes despois do desfile polas rúas do municipio o domingo 26 de febreiro.

–  Establécese un incentivo de 100 euros para as dez primeiras comparsas que se inscriban e participen no concurso.

–  Outorgaranse tres premios: 1º premio de 300 €, 2º premio de 200 € e 3º premio de 100 €. Os premios ás mellores comparsas serán outorgados por votación do público asistente.

–  As inscricións deberán efectuarse no departamento de Cultura do Concello (Tf. 986 546 014, Ext. 3036), dende o 6 ao 21 de febreiro.

Os/as rapaces/zas que participen no desfile de disfraces infantil que se celebrará no Pavillón recibirán un obsequio.

Tódolos/as participantes deberán concentrarse na Praza do Dr. Vázquez (Estación de FFCC) ás 17:30 horas do domingo 26 de febreiro. O desfile de comparsas e disfraces partirá deste punto e percorrerá a Rúa da Estación para rematar no Pavillón Municipal de Deportes. En caso de chuvia o desfile comezará no Pavillón.

O desfile estará amenizado pola charanga Noroeste. Ó remate da Festa de Disfraces, no Pavillón, o haberá degustación gratuíta de mexillóns.

7 de febreiro de 2017 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.