publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Balseiro destaca o papel das pemes e os autónomos no avance da revolución tecnolóxica industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadeo
A-
A+

O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe o importante papel que xogan “as pequenas e medianas empresas e os autónomos no avance cara á revolución tecnolóxica industrial “que trata de impulsar a Xunta de Galicia mediante o desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

O delegado participou na inauguración da xornada ReAcciona TIC dirixida a industriais metalúrxicos para a presentación da metodoloxía Sim4Lean, que se celebrou hoxe en Ribadeo organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e Soltec Ingenieros.

Balseiro destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten arbitrado numerosos programas de apoio ao tecido empresarial, especialmente a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación, dirixidos a conseguir, xunto con Amtega, “a transformación dixital da industria, cara á chamada Fábrica Intelixente”.

O delegado fixo especial fincapé en que ese esforzo da Xunta debe chegar a industriais, comerciantes ou gandeiros de calquera punto de Galicia, non só aos núcleos urbanos, e puxo como exemplo o polo tecnolóxico de avións non tripulados de Rozas. “Niso consiste -explicou- estender a tecnoloxía, a innovación e o desenvolvemento a todo o territorio”.

Ao respecto, lembrou que “a tecnoloxía é unha ferramenta clave para loitar contra o hándicap que supoñen a orografía e a dispersión xeográfica de Galicia”, e engadiu que “para ser competitivo, o sector industrial galego precisa incorporar procesos de produción intelixentes e xerar produtos e servizos innovadores e coa mellor calidade”.

Balseiro fixo referencia a algúns dos plans de apoio que a Consellería de Economía pon a disposición dos empresarios galegos, como as diversas liñas de axuda económica, programas de asesoramento como a Rede de Aceleradoras ou o concurso de ideas Industria 4.0.

Na xornada que se desenvolve hoxe en Ribadeo participou, entre outros, o xerente da área de competitividade do Igape, José Manuel Fernández, na presentación do programa Igape Industria 4.0- Reacciona TIC, servizos de simulación industrial.

8 de febreiro de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.