publicidade hoxe

As visitas á páxina web municipal de Lugo reflicten un aumento de 144% de sesións e un 132% máis no total de usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A páxina web do Concello www.lugo.gal recibiu no 2016 un total de 407.389 sesións e preto de 218.400 visitas, o que supón un incremento dun 144% en canto ao número de sesións e un 132% no que se refire ao total de usuarios con respecto ao ano 2015. O mes que máis sesións e usuarios rexistrou foi o de setembro, cun total de 61.475 e 40.366, respectivamente. Os datos rexistrados supoñen 33.949 sesións cada mes, sendo a media mensual de usuarios de 18.200.

O tempo medio de cada visita é de tres minutos e cuarto, cunha porcentaxe de rebote de preto do 45%, isto é, o tanto por cento de visitas que finalizan na primeira visita vista polo usuario. Esta porcentaxe amosa a boa calidade das visitas efectuadas na páxina municipal.

Os datos aportados amosan unha tendencia de acceso maioritaria a través do PC ou ordenador convencional, cun 57,42%, sendo o móbil o segundo terminal máis empregado para acceder á páxina www.lugo.gal, cun 37,72%. Por último, dende as tabletas accederon un 4,86% dos usuarios. Estas dúas últimas aumentan grazas á posta en funcionamento da versión web adaptada para estes dispositivos móbiles.

Dato reseñable é a procedencia do tráfico. Así o tráfico orgánico (mediante buscadores, indicando palabras chave que non aparecen directamente no dominio do sitio) é o de maior incidencia, cun 62,66% das visitas. O tráfico directo, a partires da URL do dominio, foi dun 23,29%. O tráfico referido, mediante o enlace doutro sitio web, foi do 6,60%. Desde as distintas redes sociais accedeu un 7,43%.

Os contidos máis visitando ao longo do 2016, logo da www.lugo.gal, foron os de espectáculos, as portadas, tanto en galego como en español, e a de información pública de emprego.

A alemana Tettnang deixa patente a globalización na páxina do Concello

Un dos datos máis sorprendentes das visitas por ámbito xeográfico é o número destas realizadas dende a cidade alemana de Tettnang, sendo 2.573 durante o ano 2016, un 0,63% das totais.

Por cidades, Lugo copa o 46,15% das interaccións do sitio web do Concello de Lugo, con 188.012 visitas, seguido de Madrid con 59.932 visitas, o 14,7%, Barcelona, con 10.887 visitas, ou Valladolid con 10.748 visitas.

Por países, España asumiu o 94,14% das visitas. Alemania, Rusia, Estados Unidos, México, Reino Unido, Arxentina, Portugal ou Colombia constitúen o resto dos países cun número de visitas significativas, dende o 0,88 ata ao 0,22%

7 de febreiro de 2017 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.