publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As Neves acolle a mostra da Deputación “De Pontevedra a Río 2016″

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Neves
A-
A+

O CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, nas Neves, acolle desde este xoves 2 de febreiro “De Pontevedra a Río 2016″, a exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra coa que a institución provincial lles quere render homenaxe ás e aos deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia de Pontevedra que participaron na última edición dos Xogos. A mostra será inaugurada ás 12:30 horas pola deputada de Deportes, Chelo Besada, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, situado na estrada de circunvalación, 12, e poderase visitar neste espazo ata o vindeiro domingo 12 de febreiro.

Esta é a cuarta vila da provincia, tras as de Tui, Cambados e Nigrán, que acolle esta mostra itinerante que comezou no Pazo provincial o pasado mes de outubro e que seguirá percorrendo durante 2017 diversas localidades da provincia. No concello das Neves permanecerá exposta ata o domingo 12 de febreiro e poderase visitar os luns e venres, entre as 9:15 e as 14:00 horas, e os martes, mércores e xoves, de 9:15 a 16:30 horas.

A exposición recolle o palmarés das e dos 16 deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia de Pontevedra nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de Río 2016 son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

1 de febreiro de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.