publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apróbase o proxecto de construción dunha senda na estrada AC-543, entre Bertamiráns e Brión, cun investimento de 330.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesBrión
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación definitiva o expediente de información pública e o proxecto de construción da senda peonil e ciclista na estrada AC-543, que une Santiago con Bertamiráns e Brión. Esta infraestrutura, que conta cun orzamento de 330.000 euros, estará rematada nesta primavera. Para obter máis datos pódese consultar o seguinte link: https://goo.gl/J32Ysk.

Estas obras, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A esta senda daráselle continuidade con outros dous proxectos, xa redactados e en fase de supervisión, un entre A Barcia e Roxos, e outro entre Roxos e Aldea Nova. Neste punto, comezan as beirarrúas que chegan xa ata Bertamiráns e, finalmente, seguindo cara a Noia, o proxecto desta estrada, que artellará a mobilidade peonil de Brión, entre a urbanización Monte da Devesa e Aldea Buio (do punto quilométrico 10+160 ao 10+870).

Na comarca de Santiago de Compostela, xa se rematou a senda da estrada AC-240, no Concello de Touro; mentres que o proxecto que, en dous treitos de senda, unirá A Susana con A Eirexe, a través da AC-960, no municipio de Boqueixón, está en proceso, despois do sometemento a información pública a efectos expropiatorios. Finalmente, o proxecto que unirá a parte norte de Pontevea co Centro de Saúde no Concello de Teo está en supervisión, permitindo así o tránsito peonil na estrada AC-841.

Primeira fase Plan de Sendas

Na primeira fase do Plan de Sendas, identificáronse 55 que sumaban 75,6 quilómetros e contan cun investimento de 26,3 millóns de euros. Despois da súa finalización comezouse coa redacción de proxectos de construción nos que se definen as obras a acometer nos treitos de sendas identificados como necesarios.

Para executar estas actuacións, a Xunta de Galicia contactou cos concellos beneficiados, para lograr que as solucións fosen consensuadas.

Así, dos 55 itinerarios identificados saíron 48 proxectos construtivos, posto que en algúns casos foi aconsellable agrupar varias sendas nun só proxecto, así mesmo, durante a actuación aprovéitase para incluír melloras puntuais da estrada para incrementar a seguridade viaria de todos os usuarios.

21 de febreiro de 2017 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.