publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apertura do prazo de inscrición para o ‘Carnival Camp’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Ata o 22 de febreiro permanecerá aberto o prazo de inscrición para o ‘Carnival Camp’. Trátase dunhas xornadas de conciliación dirixidas aos nenos e nenas de 3 a 12 anos que terán lugar  o 27 de febreiro e o 1 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares do Entroido.

Obradoiros, festas, disfraces e celebracións serán a nota predominante durante ambos os días de 9 a 14 horas, aínda que cabe a posibilidade de variar este horario (consultas: 981 697 844, 604 002 616 ou ordes@escuelacontalento.es). Todas e todos os que queiran participar deberán apuntarse no Departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello e alí dar conta dos datos persoais e forma de pagamento, cuxo importe total ascende a 8 euros. As familias numerosas contarán con descontos do 50%.

Nesta iniciativa participa a escola Con Talento, ademais de contar co financiamento da Deputación da Coruña.

7 de febreiro de 2017 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.