publicidade hoxe

Antonio Diz: “É gratificante ver o teu traballo compensado con goles aínda que sexa algo anecdótico”

Despois de tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, os de Santiago sitúanse na novena posición da táboa, cunha cómoda vantaxe de nove puntos sobre os postos de descenso. Na última cita, a do pasado fin de semana, lograron superar ao seu máximo adversario en Galicia, Pescados Rubén Burela FS por 3-0, un amplo marcador que reflicte o completo partido que asinaron os de Santi Valladares.

Dous dos goles do encontro asinounos o pivote Antonio Diz. O lucense manifestou a satisfacción que, para todo o plantel, supuxo dita vitoria “A vitoria supón unha gran inxección de moral para comezar unha nova semana de traballo e preparar o partido de Aspil Vidal Ribeira Navarra con menos presión que se o resultado fose adverso”.

Á súa vez, o mozo xogador de 24 anos preferíu non individualizar os méritos do encontro e destacou a importancia do traballo grupal no resultado logrado “É gratificante ver o teu traballo compensado con goles, pero non deixar de ser anecdótico. É obvio que as marcas individuais non serven de nada sen os resultados colectivos, e dificilmente alcanzaranse sen axuda do grupo”.

O Santiago Futsal visitará esta xornada a Aspil Vidal Ribeira Navarra; encontro ao que seguirá a visita no Fontes do Sar de D-Link Zaragoza, o partido a domicilio ante El Pozo e pechará o mes na casa ante Levante UDDM. Antonio analizou estas próxima citas do calendario “Esta serie de partido que veñen agora contra rivais directo son claves para asinar o obxectivo do club e manter ao Santiago Futsal un ano máis na Primeira División”.

Situados na novena praza, con nove puntos de vantaxe sobre os últimos postos e a unha distancia de dous puntos do oitavo clasificado, Antonio apela á cautela antes de falar da posibilidade de coarse en postos de Play Off “Debemos de ser cautos porque é algo realmente difícil. Temos agora un tramo de competición clave para pechar a permanencia e niso debemos de centrarnos. Despois xa se verá ata onde somos capaces de chegar”.

Por último, o pivote falou do seu rival do sábado, un Aspil Vidal Ribeira Navarra que el considera “un equipo coas cousas moi claras, que compite moi ben e que en casa son realmente fortes”. Antonio definíu o  partido do sábado como “un partido moi complicado no que sabemos que temos que seguir na liña das últimas dúas xornadas e mostrar nosa mellor versión se queremos sacar algo positivo de Tudela”.

6 de febreiro de 2017 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.