publicidade hoxe

Ames colabora na sexta cea solidaria en apoio ao programa Vacacións en Paz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio poden acoller durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís. Un ano máis Ames colabora na sexta edición da cea solidaria en apoio ao programa Vacacións en Paz, que se desenvolverá o próximo día 4 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante Paz Nogueira, que está situado en Santiago de Compostela. Para asistir á cea pódese contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45.

Os fondos recadados a través desta iniciativa destinaranse integramente ao financiamento dos billetes de avión dos nenos/as saharauís que veñen a Galicia da man do Programa Vacacións en Paz. Deste xeito inténtase que veñan a Galicia o maior número posible de rapaces e rapazas do Sáhara. Grazas a esta iniciativa o ano pasado arredor de 20 rapaces e rapazas foron acollidos por familias de Ames, Brión, Teo e Santiago.

Este ano a cea solidaria desenvolverase o próximo 4 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante Paz Nogueira de Santiago de Compostela. Ademais, nesta edición como novidade, haberá unha gran festa guateque con música dos anos 80, ao remate da cea. A dito evento poderase acudir vestido cunha vestimenta propia dos anos 80, aínda que non é obrigatorio. Para asistir á cea pódese contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45.

 O Concello actúa como mediador

O Concello de Ames colabora un ano máis co programa Vacacións en paz, que leva a cabo a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, para que varios nenos/as saharauís poidan pasar os meses de verán con familias amesás. A través deste programa o pasado ano 6 rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de pasar o verán en Ames. Para este ano xa hai 9 familias amesás que van participar no programa, o que é todo un éxito xa que se incrementa o número de nenos/as que virán durante os meses de xullo e agosto ao concello de Ames.

O Concello actúa de mediador entre as familias e esta asociación para xestionar a estadía dos nenos/as saharauís en Ames. Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación.

7 de febreiro de 2017 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.