publicidade hoxe

Álex Cooper inaugura este domingo os concertos matutinos no Salón García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Este domingo, 5 de febreiro, inaugúrase a segunda edición do programa “Achégare ao Salón!” organizado pola Concellería de Cultura. O encargado de abrir os concertos matutinos desta temporada é Álex Cooper, un dos expoñentes máis representativo da escena mod nacional e un dos músicos que xa forman parte da historia do pop español. O concerto comeza as 12.30 horas.

A proposta de concertos matutinos ten como obxectivos ampliar a oferta dirixida a ao público familiar con actuacións que poidan gustar tanto a pais como a fillos e actuar como efecto dinamizador ao invitar á xente a saír e a gozar das mañás dos domingos.

As entradas para o concerto de Ález Cooper teñen un prezo reducido: 6 euros os adultos e 3 euros os menores de 16 anos. Os billetes xa se poden adquirir a través de ticketea.com e do teléfono 902 044 226 (máis custes de xestión) e tamén se poderán comprar o domingo, a partir das 10:30 horas, no propio Salón García (Casa da Cultura da Rúa Alcalde Rey Daviña.

Alex Díez é probablemente o personaxe máis representativo da escena mod nacional. Líder de LOS FLECHAZOS, e despois de máis de 15 anos ao fronte de COOPER, o seu son, as súas cancións, a súa imaxe e a súa voz forman parte de la historia do pop español por dereito propio.

Herdeiro directo de grandes nomes como THE KINKS ou THE JAM, a enerxía das súas guitarras e a luminosidade das súas melodías, sempre mecendo o espírito pop dos anos sesenta, xunto a súa forma de cantar e á personalidade coa que afronta o proceso de composición, o teñen convertido nun dos grandes reformadores daqueles sons inmortais. Un pioneiro cheo de clasicismo.

1 de febreiro de 2017 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.