publicidade hoxe

A Xunta seguirá apoiando a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrol
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita ás instalacións de Exponav

Ovidio Rodeiro na visita ás instalacións de Exponav

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas (Exponav), onde foi recibido polo almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo, e o xerente da Fundación, José María Cardona.

Ovidio Rodeiro interesouse polos trámites para a incorporación deste centro museográfico á Rede Galega de Museos e destacou o importante papel que desenvolve este centro na conservación do patrimonio naval galego, ademais de presentar a tecnoloxía directamente relacionada con este sector, de capital importancia para a economía galega.

Xestionado por unha fundación de carácter civil, Exponav conta cunha ampla colección de elementos de construción naval desde o século XVIII ata a actualidade, ofrecendo unha visión divulgativa sobre os fitos históricos máis relevantes relacionados con esta actividade. O centro alberga un importante fondo documental composto por planos de proxectos de construción naval, debuxos técnicos, manuais, publicacións catálogos, unha ampla colección de material fotográfico complementario e unha biblioteca. entre outros elementos de temática especializada.

O delegado territorial mantivo un encontro co almirante xefe e con xerente, no que coñeceu de primeira man as necesidades da institución e ofreceu a súa colaboración para explorar de xeito conxunto novas vías de axuda, complementarias ás que xa mantén o Goberno Galego. Ovidio Rodeiro destacou a importancia que ten a Fundación Exponav para a divulgación dun sector “cun claro interese xeral para Galicia” e para a dinamización da comarca, posto que “a través do fomento e divulgación da actividade museística contribúe a un mellor coñecemento da industria da construción naval”.

20 de febreiro de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.