publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta prevé asinar a orde de aprobación do PXOM de Soutomaior neste cuadrimestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSoutomaior
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio calcula que no primeiro cuadrimestre deste ano poderá emitir a orde que facilite a aprobación do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Soutomaior.

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao alcalde deste concello, Agustín Reguera, durante a visita a actuación realizada no parque infantil do Peirao de Arcade, no marco do Plan hUrbe. Indicoulle que despois da presentación da documentación que constitúe o plan xeral por parte da Administración local, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo supervisará que o contido do mesmo se adapta a Lei do solo para o que dispón dun prazo máximo de tres meses.

A conselleira felicitou aos responsables do Concello de Soutomaior por ter concluído a redacción do plan xeral e recordou que un concello con plan xeral é un concello con futuro ao contar cunha folla de ruta que indica non só cara onde crecer, senón como facelo dun xeito ordenado, controlado e respectuoso. A conselleira tamén recordou que chegar a este punto é unha mostra máis da necesidade de establecer vías de colaboración entre administracións para sacar adiante proxectos e instrumentos que den seguridade aos concellos.

Esta colaboración tamén é necesaria para levar adiante obras e actuacións que melloren as infraestruturas e os espazos dos municipios, tal e como se fixo para executar a reformar do parque infantil situado na explanada do peirao de Arcade. Grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Soutomaior púxose en valor esta zona e facilitouse un espazo de encontro e goce para os veciños, adaptado ás esixencias que demandaron.

Os traballos, nos que a Xunta investiu preto de 60.000 euros, para a execución desta adecuación cuxos traballos consistiron na demolición e escavación para a nivelación do terreo e a construción dunha soleira de formigón armada para as instalación dos equipamentos. Sobre a soleira, implantouse un pavimento de caucho continuo, cun grosor medio de catro centímetros.

Defendeu que non existen obras pequenas, senón necesarias ou innecesarias; pero considerou que aquelas actuacións que melloren a calidade de vida da xente non se poden chamar obras pequenas.

Trasladou os seus parabéns ao alcalde por recuperar dito espazo que conta con 14 elementos a maioría novos, como balancíns ou xogos de escalada, e tamén se reutilizaron e se aproveitaron elementos que estaban en bo estado como o balancín e o tobogán.

Por último, recordou que esta actuación está enmarcada no Plan hUrbe, basado en tres eixes fundamentais: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial na nosa Comunidade.
Desde a súa posta en marcha, no ano 2010 ata hoxe, a Xunta comprometeu un investimento total de 123 millóns de euros nesta iniciativa, un esforzo inversor que se materializa nun total de 157 actuacións en 114 concellos, incluídas as obras a executar no 2017, nas que se investirán preto de 10 millóns de euros no marco deste Plan.

13 de febreiro de 2017 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.