publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta pon en valor as Eurocidades como impulsoras da cooperación e a dinamización da economía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaTui
A-
A+
Jesús Gamallo na reunión cos alcaldes de Tui e Valença

Jesús Gamallo na reunión cos alcaldes de Tui e Valença

A Xunta de Galicia puxo hoxe en valor o potencial das Eurocidades, como a de Tui-Valença, que permiten impulsar a cooperación e dinamizar a economía ao aproveitar os recursos en común.

Así o destacou hoxe o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, no transcurso dunha xuntanza de traballo cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Valença, Jorge Mendes, na que avaliaron as actividades conxuntas desenvolvidas por ambas vilas.

Neste sentido, os alcaldes destacaron a súa aposta por seguir impulsando a xestión conxunta e compartida de instalacións e funcións municipais, que evitan duplicidades e aforran custos, e continuar na liña de organización de eventos deportivos conxuntos.

Ademais, o encontro de hoxe serviu tamén para facer balance da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal e dos retos que se abren para a Eurorrexión na nova etapa que se iniciará proximamente, cando Galicia asuma a presidencia da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.

Precisamente, no encontro estudouse tamén a participación da Eurocidade Tui-Valença no próximo plenario da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal. Ademais, ambos alcaldes comprometéronse a continuar colaborando coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e e a presentar algún proxecto conxunto que beneficie á cidadanía.

13 de febreiro de 2017 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.