publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inviste 127.000 euros na mellora de diferentes elementos medioambientais en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O acto tivo lugar na Casa Consistorial de Vimianzo.

En total, investíronse 126.400 euros en diferentes actuacións medioambientais. En concreto, a subvención dedicouse á rehabilitación do Centro de Interpretación da Ría en Cereixo, e a mellora da iluminación pública na Piroga e na contorna da Casa da Cultura. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

No caso de Vimianzo, o municipio alberga 68 aeroxeneradores e preto de 22 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

22 de febreiro de 2017 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.