publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executou o mantemento e conservación das marxes do río Agra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortas
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, realizou os traballos de mantemento e conservación da marxe do río Agra, en Portas. Esta actuación, na que se investiron preto de 3.000 euros, consistiu na roza de restos vexetais e polas caídas sobre a canle, así como a retirada dunha cepa para protexer o noiro.

Os traballos, que se levaron a cabo durante este mes de febreiro, realizáronse de forma puntual ao longo do treito do río que discorre pola parroquia de Barosa-Briallos.

Con esta actuación, Augas de Galicia pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos nas bacías da conca Galicia-Costa. A importancia destes traballos radica na prevención, mantemento e conservación dos espazos naturais de ribeira co fin de garantir o equilibrio dos ecosistemas e a calidade dos recursos hídricos de Galicia.

27 de febreiro de 2017 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.