publicidade hoxe

A Xunta condena o presunto caso de violencia de xénero ocorrido en Redondela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ante o presunto caso de violencia contra a muller ocorrido na tarde de onte no concello pontevedrés de Redondela, onde faleceu unha muller. Á espera de confirmación oficial de se é un caso de violencia de xénero, a Xunta condena unha vez máis este tipo de actos de violencia contra as mulleres e traslada o seu pesar e o seu apoio ás súas familias. A Xunta puxo á disposición dos familiares, o equipo de profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes (GIPCE). O Goberno galego fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra a repudiable lacra da violencia de xénero e entre todos poder rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde. Así mesmo, a Xunta fai un chamamento para que as mulleres que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien para prestarlles a axuda necesaria, tanto a nivel de protección policial, como a nivel económico para axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas. Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un telefono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise.

21 de febreiro de 2017 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.