publicidade hoxe

A Xunta comeza as obras de mellora na travesía de Carballo para evitar afeccións ao tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Xunta iniciará esta mesma noite os traballos de mellora do firme estrada na AC-180, entre os puntos quilométricos 0+000 al 0+370, travesía de Carballo no Concello de Oleiros. As principais tarefas, que contan cun orzamento de case 40.000 euros, que se levarán a cabo desenvolveranse en horario nocturno nas noites de xoves a venres, co fin de evitar afeccións ao tráfico.

Así mesmo, o vindeiro luns, día 27 de febreiro, continuarán os traballos na zona en horario diúrno, co fin de levar a cabo remates que requiren menores interferencias na circulación de vehículos.

Estas actuacións corresponden ao contrato de reforzo de firme nas travesías das estradas AC-175 e AC-180, ambas no concello coruñés de Oleiros, e tamén na AC-552 ao seu paso polos municipios de Arteixo, Vimianzo, Coristanco e Zas. Deste contrato xa están case rematadas as obras previstas na AC-552, que supoñen o 80% da actuación.

As obras suporán unha serie de reparacións estruturais e superficiais que permitirán prolongar a vida útil do pavimento destas estradas, o que suporá unha importante mellora na seguridade viaria e na comodidade dos usuarios.

Neste momento, os treitos das estradas a reparar presentan una situación de pavimento fisurado, descarnado ou en proceso de desintegración superficial, gretas lonxitudinais, que recomendan a aplicación dun tratamento de rehabilitación estrutural ou unha actuación preventiva co fin de evitar que se produza un deterioro maior.

23 de febreiro de 2017 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.