publicidade hoxe

A valorización dos pneumáticos históricos continuará polos amoreados nas Somozas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs SomozasLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio continúa cos traballos de valoración dos pneumáticos históricos, xa que a empresa adxudicataria inicia os traballos de valoración amoreados en As Somozas e que suman case 100 toneladas.

Na actualidade, estanse a executar os traballos previos, que consisten en labores de desbroce e retirada de maleza para acceder á totalidade de pneumáticos, para o seu tratamento. Así, dáse continuidade aos traballos iniciados en Fene a mediados de xaneiro, onde se valorizaron o 100 por cento das toneladas amoreadas deste residuo non perigoso, case 900 toneladas.

Os traballos consisten nun triturado e clasificación das diferentes fraccións valorizables que compoñen o pneumático: caucho, metal e fibras téxtiles. Os pneumáticos son residuos cun alto compoñente de material reutilizable, con novos usos como recheos de céspede artificial, solos de parques infantís, preparados para estradas, pantallas acústicas de redución de ruídos ou mesmo redutores de ondas.

Deste xeito, pódese proceder á valorización material (reciclaxe), cun envío mínimo dun 26,4% do recuperado e para a valoración enerxética enviarase o resto, para transformalo en en enerxía, seguindo as recomendacións incluídas na Directiva Marco de Residuos que recolle o tratamento a través da valorización.

Unha vez se rematen os traballos no punto de acopio das Somozas, continuaranse co tratamento e xestión das toneladas que están localizadas na Laracha (35.000 Tn). En total trataranse 35.945 toneladas de residuos de pneumáticos históricos inventariados nestes tres concellos, cun importe de adxudicación de 2,4 millóns de euros.

Esta actuación forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos, que persegue a implantación dun novo modelo máis sostible, facendo especial fincapé na prevención e na valorización de residuos.

Con este tipo de actuacións a Consellería fomenta a reciclaxe e a valorización dos residuos; ao tempo que da resposta e minimiza o impacto ambiental e o risco asociado á existencia de residuos históricos de pneumáticos sen tratar.

27 de febreiro de 2017 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.