publicidade hoxe

A segunda edición do Kerala Literature Festival da India contará coa participación de María Reimóndez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Esta fin de semana se celebra en Kerala o último festival ao que vai a acudir María Reimóndez durante esta estancia na India.

O Kerala Literature Festival, que se celebra do 2 ao 5 de febreiro, é un evento no que se contemplan diversas tendencias e movementos da literatura contemporánea, dándolle cabida a todos os seus xéneros e a súa relación con outras artes coma o teatro, o cine ou as artes plásticas.

A escritora participará o sábado 4 na charla “Reading Europe” xunto con Alexandra Butcher (directora de Literature Across Frontiers), Nia Davies (poeta inglesa), David López del Amo (director da axencia literaria Sinicus), Bruno Viera Amaral (escritor portugués) e Vinutha Mallya (directora da asesoría publicitaria LineSpace Consulting)

Lembremos que María Reimóndez ten unha longa relación coa India e en concreto co estado de Tamil Nadu debido á súa labor na ONG Implicadas no desenvolvemento e a traducción ao galego de obras das escritoras indias Salma, Kutti Revathi, Malathi Maitri, Sukirtharani e Thamizhachi.

2 de febreiro de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.