publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A mostra sobre os Olímpicos e Paralímpicos de Pontevedra xa está en Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Inauguración da exposición

Inauguración da exposición

A mostra “De Pontevedra a Río 2016” está xa no hall da Casa da Cultura de Silleda, onde poderá verse ata o vindeiro día 26. Esta exposición da Deputación de Pontevedra recolle a traxectoria e palmarés dos 16 deportistas pontevedreses que participaron o pasado ano nos xovos olímpicos e paralímpicos de Río 2016.

A deputada provincial Chelo Besada, e o alcalde, Manuel Cuiña, xunto coas concelleiras Ana Luisa González e Pilar Peón inauguraron hoxe esta mostra nun acto ao que asistiron usuarios do centro de Cogami en Medelo.

Chelo Besada sinalou que  “para a Deputación de Pontevedra a exposición era unha obriga” xa que así se  recoñece “o traballo de tantos anos deste conxunto de deportistas que acudiron a Río”. Segundo subliñou, “non queremos que, tras o paso dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, o nome destes homes e destas mulleres quede no esquecemento, senón que todas as pontevedresas e todos os pontevedreses os recorden”.

“Orecoñecemento do esforzo deste colectivo ten que ser moito máis que acadar medallas ou diplomas olímpicos, de xeito que temos que ser conscientes do traballo e dos valores que representan, do grande esforzo e a importancia que supón chegar simplemente a participar nestes Xogos” indicou, agradecendo ao Concello de Silleda a acollida desta exposición.

Pola súa banda o alcalde, Manuel Cuiña, destacou que esta mostra tamén visibiliza o esforzo de fan os deportistas de modalidades adaptadas “e axuda a dar a coñecer outras prácticas deportivas máis alá dos deportes de masas”. O rexedor tamén fixo un agradecemento expreso aos membros de Cogami por asistir á apertura da mostra.

Cuiña tamén agradeceu á Deputación de Pontevedra que siga contando cos Concellos “á hora de promocionar e difundir mostras coma esta”.

Esta mostra itinerante comezou a súa xira pola provincia o pasado mes de outubro, recollendo o palmarés dos e das 16 deportistas tanto olímpicos/as como paralímpicos. Os participantes nestes últimos xogos foron Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández,

16 de febreiro de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.