publicidade hoxe

A Mancomunidade de Conso Frieiras aborda con Igualdade a posta en marcha dun CIM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaA MezquitaOurenseRiósVilariño de Conso
A-
A+
Susana López Abella na reunión coa Mancomunidade de Conso Frieiras

Susana López Abella na reunión coa Mancomunidade de Conso Frieiras

A Mancomunidade de Conso Frieiras reuniuse hoxe coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, para abordar a posta en marcha dun Centro de Información á Muller. Ao encontro, no salón de plenos do Concello da Gudiña, asistiron, ademais da secretaria xeral e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o alcalde de Riós, Francisco Veiga Romero; o alcalde da Gudiña, José María Lago Cabo; o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, e o alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra Vázquez.

Na reunión, na que tamén participaron o persoal técnico de servizos sociais da Mancomunidade e a subdirectora de Xestión Económica da Secretaría Xeral de Igualdade, leváronse a cabo os primeiros traballos técnicos para a posta en marcha do CIM na Mancomunidade de Conso Frieiras.

A decisión pon de novo en valor a importancia dos CIM e o seu papel como porta de entrada e apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade. Ademais esta iniciativa parte dos propios concellos, o que evidencia a necesidade da concienciación dos municipios na implantación deste tipo de centros.

As axudas da Xunta de Galicia ás entidades locais para o mantemento dos CIM foron en 2016 as máis altas ata o de agora e superaron os 4,2 millóns de euros.

7 de febreiro de 2017 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.