publicidade hoxe

A feira Mundonen@s volve en Entroido a Pontevedra con 30 expositores e 100 actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Tras o éxito do ano pasado, a feira Mundonen@s-salón das Familias celebrará a súa 2ª edición durante estas vacacións escolares de Entroido. De novo no Recinto Feiral de Pontevedra, nesta segunda edición abrirá durante seis días consecutivos: do venres 24 de febreiro ao mércores 1 de marzo (festivo en Pontevedra), con horario ininterrompido: de 11:30 a 20:30 horas, todos os días excepto o venres 24, cando se estreará a feira ás 16:00 horas.

EXPOSITORES

Mundonen@<sent\>s é unha feira nova en Galicia porque é a única que unifica a oferta comercial familiar e a lúdica. Está concibida e organizada polo DIARIO DE PONTEVEDRA, co apoio do Concello. En primeiro lugar, o seu obxectivo é ofrecer todas as solucións comerciais para ás familias, con empresas expositoras de todos os sectores, especialmente do ámbito escolar e extraescolar. Así, igual que na primeira edición de 2016, este ano reunirá a máis de 30 casetas, todos da provincia de Pontevedra. Os sectores máis representados son as academias e idiomas, saúde familiar, animación e lecer infantil, coches, moda e decoración. Os expositores ofrecerán descontos na feira que poden alcanzar o 30%.

OFERTA DE DIVERSIÓN

Xunto á oferta dos expositores comerciais, o outro gran atractivo da feira é o programa de lecer infantil. Por unha entrada de 2 euros por persoa, poderán gozar durante todo o día de actividades permanentes e talleres como inchables, circuíto de karts a pedais, contacontos, maxia, actividades en inglés, talleres de cociña e doces, globoflexia, pintacaras, scalextric xigante, etc. Estes talleres e actividades serán realizados por empresas especializadas da comarca como Isa Naveiro, BBC Flipopark, Aventura Rías Baixas, A Illa dos Nenos, Pontepedal, Suh Sport, Casino Mercantil, Kids & Us, English Studio, floraría Kentia ou Panadaría Acuña.

ZONA ESCENARIO E ZONA DEPORTIVA

Mundonen@<sent\>s ofrece tamén unha zona de deportes na que, durante os seis días de feira, sucederanse as exhibicións deportivas de diversos clubs da comarca, coordinados pola Agrupación Deportiva HQR!

E a zona máis espectacular será, de novo, o escenario, onde durante os 6 días de festa sucederanse as actuacións, tanto pola mañá como pola tarde. Entre os artistas que actuarán destacan Barafunda Animación, que ofrecerá a obra teatral “Peñipa Maruxiña quere voar”; o espectáculo “Delicias” do Mago Paco; as actuacións de “Elsa e Ana de Frozen”, e “Star Wars, Luke e a Princesa Leia” a cargo de BBC Flipo Park;  o contacontos “O libro máxico” de Expresións Produccións; ou a gran festa da DJ infantil María Faltri. A programación diaria da feira segurá enriquecéndose durante os próximos días e poden seguirse todas as novidades e horarios na páxina de Facebook de Mundonen@<sent\>s.

20 de febreiro de 2017 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.