publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá o mércores a presentación do novo portal web “Do berce á rúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón vai presentar esta semana o novo web “Do berce á rúa”. Así o avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ao indicar que o vindeiro mércores, día 8, a Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá a presentación do novo portal web. A cita dará comezo ás 17.30 horas, tal e como indicou a edil naronesa, e á mesma están xa convidadas as familias usuarias das escolas infantís da localidade.

Taibo destacou as vantaxes deste tipo de iniciativas impulsadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, en canto que “promoven a participación das familias no uso da lingua galega, inculcándollela aos seus fillos e fillas desde que son pequenos”. Taibo destacou os recursos que ofrece o web entre os que destacan: xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego e consellos de crianza, entre outros.

“A participación das familias é fundamental neste tipo de iniciativas, coas que colaboramos intensamente desde o Concello para tratar de facilitar na medida do posible unha serie de servizos e materiais para fomentar o uso da nosa lingua”, recalcou a edil de Ensino.

6 de febreiro de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.