publicidade hoxe

A Deputación da Coruña felicita ao Natural Sport de Taekwondo polos seus éxitos deportivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, recibiron na sede da institución provincial a unha delegación de deportistas do club Natural Sport de Taekwondo, con sede nos concellos de Ribeira e Sada, que veñen de proclamarse campións galegos e de numerosas categorías oficiais no campionato de España 2016.

González Formoso afirmou que os éxitos deportivos dos nosos taekwondistas “son motivo de orgullo para todos os coruñeses”, animou aos mozos e mozas “a seguir adestrando e gañando campionatos”, e desexoulles sorte para o campionato de España absoluto que se desenvolverá esta fin de semana en Madrid.

Pola súa banda, o director do club, Juan Francisco Agrelo, agradeceu a recepción ofrecida polo presidente da Deputación “unha institución que nos apoia moito no noso traballo diario” e apuntou que “tras un ano intenso, o esforzo pagou a pena”.

470 alumnos en Ribeira e Sada

Nas dúas sedes do Natural Sport practican taekwondo cada día 470 alumnos entre os 4 e os 40 anos, 320 deles en Ribeira e 150 en Sada. O club, con 20 anos de historia, contou nos últimos anos con axudas da área de Deportes da Deputación para a adquisición dunha furgoneta para os seus desprazamentos e material deportivo para os adestramentos e competicións.

Entre os taekwondistas que integraban a delegación estaban, entre outros, Ana Dosil, medalla de bronce no campionato de Europa; Alex Vidal, campión do mundo de para-Taekwondo e Sofía Pérez, Alex Paz e Pili Rodríguez, campións de España en diversas categorías.

14 de febreiro de 2017 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.