publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña convoca 30 bolsas para deportistas da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, vén de convocar as súas bolsas deportivas para o ano 2017, destinadas a mozos e mozas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A institución provincial destina un total de 90.000 euros para premiar a 30 mozos e mozas coruñesas con 3.000 euros cada un. Este ano, auméntase en 15.000 euros a partida orzamentaria destinada a esta convocatoria, pasando dos 75.000 euros concedidos en 2016 aos 90.000 deste ano.

Os bolseiros da Deputación divídense en dúas categorías segundo a súa idade: quince bolsas irán destinadas a deportistas de entre 10 e 17 anos e outras quince para mozos e mozas de entre 17 e 23 anos de idade.

Os solicitantes deberán practicar un deporte que pertenza a unha das disciplinas olímpicas, incluídas no programa oficial dos Xogos Olímpicos do ano 2016. Ademais, os candidatos terán que acreditar o seu historial deportivo durante o 2016, no que constarán as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais e internacionais. Quedan excluídos da convocatoria os cursos dirixidos á obtención de títulos académicos ou deportivos.

A área de Deportes da Deputación da Coruña que dirixe o deputado José García Liñares, consciente da importancia de fomentar a práctica deportiva en todas as súas disciplinas, e de contribuir na difícil tarefa que teñen os deportistas que loitan por manter a súa actividade ano tras ano, convoca estas bolsas para impulsar o seu talento cunha achega económica para competicións deportivas derivadas da participación dos clubs en torneos de ámbito rexional, nacional ou internacional, convocados por organismos ou federacións galegas, en calquera das modalidades deportivas.
A presentación de solicitudes poderá realizarse ata o 31 de marzo de 2017.

27 de febreiro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.