publicidade hoxe

A D.O. Monterrei será o viño oficial da XLIX Feira do Cocido de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínVerín
A-
A+

Por sexto ano consecutivo, os viños da Denominación de Orixe Monterrei serán os que sirvan oficialmente na Feira do Cocido de Lalín, tanto nas actividades promocionais previas como na celebración do Cocido Solidario, que terá lugar o próximo 19 de febreiro.

Entre estas actividades promocionais previas, organizadas polo Concello de Lalín, e nas que están presenten os viños da D.O. Monterrei atópanse  no ‘Mes do Cocido’ (na que participan 27 restaurantes, que teñen nas súas cartas viños de Monterrei) e ‘Cocido en Ruta’ (unha food truck -restaurante rodante- que presenta a XLIX Feira do Cocido de Lalín polas localidades galegas de Carballo, Ribeira, Viveiro, Ponferrada, O Carballiño e Lalín, e a cidade lusa de Porto).

O día grande desta celebración, o 19 de febreiro, celebrarase o Cocido Solidario, unha iniciativa que substitúe a tradicional comida oficial e que este ano recadará fondos para Morea (Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental). No mesmo, ao que asistirá o presidente da D.O. Monterrei, José Antonio Dá Silva, serviranse viños das 25 adegas que conforman a denominación de Monterrei.

O presidente valora o impacto desta acción promocional como “positivo” para os viños de Monterrei, xa que “as previsións de visitantes” que manexa o Concello nestas datas, “son de máis de 4.000 comensais ao día”.

6 de febreiro de 2017 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.