publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A comercialización de produtos agrarios sométese a debate no Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda celebrou hoxe outra existosa saída, neste caso á provincia de Ourense para coñecer a producción de aceite de oliva e o funcionamento dunha pranta de cooxeración para biomasa a partir de residuos agrícolas.

Na expedición participaron 48 veciños e veciñas de Silleda entre eles o alcalde, Manuel Cuiña, e os concelleiros Jesús Taboada e Manuel Iglesias. O grupo visitou primeiro a central do grupo Coren, onde ademais de explicar o funcionamento das empresas recibiron información sobre a planta de cooxeneración situada en Santa Cruz de Arrabaldo. Trátase de unha das plantas máis modernas capaz de xerar enerxía con residuos de granxas avícolas para abastecer a milleiros de vivendas.

organiza o vindeiro mes de febreiro novas actividades. Así, o mércores día 8 de febreiro terá lugar unha nova expedición organizada dende a entidade. O destino será nesta ocasión  a provincia de Ourense coa producción de aceite de oliva a e avicultura como protagonistas.

A seguinte parada foi en San Cibrao das Viñas, onde o grupo coñeceu de primeira man a produción de aceite de oliva da man de Aceites Abril. “Foi unha excursión moi productiva onde coñecemos interesantes propostas como a planta de coxeración de Coren ou a producción de aceite, un sector no que temos xa algún veciño interesado”, indica Cuiña.

Cuarta xornada de formación

A programación do Centro Agrario silledense continua esta semana nha nova xornada formativa, que se celebrará pasado mañá venres día 10 na Casa da Cultura de Silleda. Está será a cuarta iniciativa deste tipo e terá como protagonista a comercialización de produtos agrarios.

A sesión, aberta a todo o público interesados, comeza ás 16:00 horas coa benvida do alcalde, Manuel Cuiña e a presentación da xornada a cargo do profesor universitario Francisco Ferreiro, de Quorum, que xa moderou outras xornadas.

O turno de intervencións comezará con  José Manuel Suárez, directivo da Asociación Galega de Márketing e consultor asociado de Iuni Consulting, que falará sobre Márketing Estratéxico.

A seguinte intervención correrá a cargo de Higinio Mougán, xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) que falará sobre a comercialización dos produtos galegos. Tamén intervirá Antonio Claro Miraz, director comercial de Costumes Gastronómicas, que falará sobre a comercialización de produtos alimentarios de cuarta  Gama (hortalizas e froitas envasadas e listas para consumir).

  Pechará os relatorios Jorge Blanco Ballón, falando da experiencia na comercialización de produtos agrarios da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Dende o Centro Agrario, que xa organizou dende o pasado mes de abril xornadas para dar a coñecer novas oportunidades de cultivos, iniciativas de emprendemento no agro ou as vantaxes da agricultura ecolóxica, apóstase agora pola comercialización, “unha das partes máis complicadas do proceso e que pode ser de grande interese tanto para os voluntarios que están a colaborar co noso proxecto como a xente que queira emprender no mundo agrario ou toda aquela persoa interesada nestes temas”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

8 de febreiro de 2017 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.