publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e fundacións Pondal, Rosalía e Curros impulsan unha homenaxe aos tres autores do Rexurdimento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaGaliciaLocal PortadaPadrónPontecesoPortada esquerda
A-
A+
Román Rodríguez na reunión con representantes das tres fundacións. Foto: X. Crespo

Román Rodríguez na reunión con representantes das tres fundacións. Foto: X. Crespo

Con motivo do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coas fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, está a impulsar unha homenaxe a estes tres autores do Rexurdimento galego, que se fará en colaboración cos concellos implicados, Ponteceso, Padrón e Celanova.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes das mencionadas fundacións e responsables municipais para avanzar nas iniciativas que se van poñer en marcha.

Ademais do conselleiro e dos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, á reunión tamén asistiron, por parte da Fundación Pondal, o alcalde de Ponteceso e presidente desta entidade, Xosé Lois García, e o membro do padroado, José María Varela; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e, en representación da Fundación Curros Enríquez, o alcalde de Celanova e presidente da Fundación, José Luís Ferro, e o técnico de Cultura e secretario da Fundación, Antonio Piñeiro.

Entre as accións máis destacadas, o Goberno galego busca impulsar un itinerario literario do Rexurdimento galego que conecte as figuras de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, os principais autores deste movemento cultural, político e literario da segunda metade do século XIX en Galicia e que se inaugurou coa publicación, en 1863, de ‘Cantares Gallegos’.

Esta iniciativa completarase con outras no ámbito parlamentario e no ámbito do Goberno galego, co impulso dun Decreto para a declaración do ano 2017 como Ano Pondal e Ano do Rexurdimento.

23 de xaneiro de 2017 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.