publicidade hoxe

Xove aproba as becas e axudas ao estudo para este curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

No pasado mes de outubro de 2016 foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove, rematando o prazo de presentación das solicitudes o día 16 de decembro do mesmo ano.

As modalidades das axudas, como ven sendo habitual, son as seguintes:

MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.

MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.

MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación. MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.

MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.

MODALIDADE 6.- Axudas para máster.

O día 9 de xaneiro de 2017 celebrouse a sesión da Xunta de Goberno Local, logo da Xunta Municipal de Portavoces, na que se adoptou a aprobación da concesión dun total de 74 axudas das 88 solicitudes presentadas. As axudas concedidas,  foron:

 – 20 para estudos universitarios: 27.025,81 €. (modalidade 1)

 – 4 para ciclos formativos que non existen na comarca: 1.657,98 €. (modalidade 2).

– 8 para alumnos/as con discapacidade: 7.500 €. (modalidade 3).

– 40 para compra de material escolar: 4.185 €. (modalidade 4).

– 2 para máster:  1.000 €. (modalidade 6).

O total das axudas para este curso 16/17 é de 41.368,79 €.

Dende a Concellería de Servizos Sociais  quérese destacar o esforzo orzamental que o Concello fai cada ano co fin de potenciar a educación no noso Concello, nunha aposta clara polo futuro dos nosos xoves; recordamos que estas axudas abranguen a tódolos estractos educativos, dende os estudios infantís ata os estudios universitarios, doutoramentos e masters.  

Significativo é tamén o incremento no investimento, como podemos apreciar nos datos que mostramos a continuación, que mostran as cantidades investidas polo Concello nos tres últimos anos, cun incremento do 7% no 2016 con respecto ao 2015 e cun 5 % no 2017 respecto do 2016:

ANO 2015 (CURSO 2014/2015):  36.810,67 €

ANO 2016 (CURSO 2015/2016):  39.372,64 € (+ 7%)

ANO 2017 (CURSO 2016/2017):  41.368,79 € (+ 5%)

A diferenza de convocatorias anteriores, este curso o pago das axudas realizarase por transferencia bancaria.

12 de xaneiro de 2017 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.