publicidade hoxe

Xosé Monteagudo e a súa novela “Todo o que fomos”, protagonizarán o Club de Lectura da Biblioteca de Silleda desta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda celebra esta semana un novo encontro. A cita será este xoves día 26 con Xosé Monteagudo e a súa última novela, Todo o que fomos. A cita co autor e a súa obra será na biblioteca ás 20:30 horas.

Monteagudo (Moraña, 1965) narra nesta última novela a loita dunha mestra contra os prexuizos sociais e a desigualdade en circunstancias difíciles. Licenciado en Dereito, comezou a súa traxectoria literaria ao obter o accésit no premio Modesto R. Figueiredo do ano 2001 co relato “O engado do triángulo”. A súa primeira novela, As voces da noticia, resultou gañadora do Premio Blanco Amor no ano 2002; nela, o autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos.

En 2006 publica tamén en Galaxia a súa segunda novela, titulada Esta historia, na que reconstrúe unha biografía xuvenil a partir das lembranzas universitarias. É colaborador asiduo de Grial, revista na que realiza crítica literaria. En 2009 recibiu o Premio García Barros pola novela Un tipo listo.

24 de xaneiro de 2017 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.